viernes, 4 de abril de 2014

EXCURSIÓN ACUARIO DE CORUÑA

   O venres 28 de marzo os nenos estaban moi nerviosos porque ían de excursión ao Acuarium Finisterrae. Fomos en bus que compartimos cos nenos de Taraza cantando todo o camiño.

   Xa no acuario, estivemos coa monitora Carla que nos ensinou e nos explicou moitas cousas: primeiro vimos un banco de peces;  despois tocamos a unha estrela de mar chamada Patricio, ó que lle gustaban moito os mexillóns; fixemos un xogo de búsqueda; vimos medusas; unha vértebra, omóplato e costela de balea e, por suposto, ao tiburón GASTÓN, un tiburón touro con cara de poucos amigos que se atopa na sala Nautilus xunto con outros peces. Poidemos disfrutar de como uns buzos lles daban de comer.

   Non poidemos ver ás focas porque o acceso estaba roto, xa que unha ola entrara no mes anterior e o deteriorara. Unha pena.

PASÁMOLO PEZ!!!  






No hay comentarios:

Publicar un comentario